As vespoideas son unha familia de insectos entre as que se atopan as formigas e as avésporas. Tanto unhas coma outras son traballadoras e aplicadas e son un elo imprescindible do noso ecosistema. Nesta serie de programas presentámosvos as vespoideas más vespoideas de todas as vespoideas, persoas inventoras que coas súa imaxinación e enxeño crean e constrúen nun mundo no que parece que xa todo está feito.
O primeiro programa poderá verse o xoves 30 ás 21:15 a través do dial 119 de R ou nesta ligazón de Youtube. Mentres, aquí vai un adianto: