As actitudes violentas contra forzas democráticas como o BNG continúan a poñer en evidencia que hai sectores aos que lles molesta a liberdade de opinión.
Sabemos que hai xente que non comulga coas nosas ideas pero, ata agora, sempre o defenderon coa palabra
Desde o Bloque desta localidade da provincia de Pontevedra denuncian ataques contra a súa propia sede e contra o vehículo dunha recoñecida militante nacionalista.
Pasou hai uns día no concello de Moraña segundo vén de denunciar Rubén Fernández, responsable local desta formación na localidade, con quen falamos na mañá de hoxe.
As denuncias, presentadas
Fernández asegura que ata o momento nunca tiveran que denunciar actos deste tipo nunha poboación pequena na que todo o mundo se coñece.
Críticas contra o goberno local do PP
O responsable local do BNG asegura que, malia o acontecido, o goberno municipal (PP) non se molestou en preocuparse polo asunto a diferencia do PSOE que si se interesou pola gravidade do mesmo.
Máis ataques contra a militancia nacionalista
Feitos como os relatados polo propio Rubén Fernández non son os únicos que, desde as filas nacionalistas, se denunciaron recentemente tal e como exemplifican os recentes ataques fascistas contra a sede do BNG na cidade da Coruña ou tamén o acoso e ameazas recibidas polo voceiro do Bloque en Cabanas.