Un estudo realizado polo Concello e a USC sobre o consumo de alcohol e drogas e do uso problemático de internet entre os adolescentes de Compostela sinala con datos a cada vez máis preocupante adición neste sector da poboación. A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, presentou os resultados deste traballo no Pazo de Raxoi acompañada do investigador da USC e responsable do mesmo, Antonio Rial, e do técnico da UMAD Jorge Carballido.
“En Compostela hai un descenso do consumo de drogas pero os datos son alarmantes”
O investigador e responsable do estudo, Jorge Carballido, sinala que en Compostela hai un descenso do consumo de alcohol e drogas pic.twitter.com/DKhRkq1aFZ
— Nós Televisión (@NosTelevision) 7 de junio de 2017
Un novo estudo sobre o consumo de alcohol e drogas e do uso problemático de internet entre a mocidade
O estudo servirá, segundo adiantou a edil, para revisar o actual Plan Municipal de Drogodependencia. Este traballo levouse a cabo con 2.391 adolescentes de sete centros de ensino do municipio de Santiago. O informe descubre datos preocupantes como o do inicio ao consumo do alcohol que estaría nos 13,8 anos.
Acceso “descontrolado” a dispositivos móbiles
Para este estudo incorporouse a cada vez máis presente introdución do uso de internet a través de dispositivos móbiles. O traballo salienta que o 90% dos adolescentes dispoñen dun teléfono con acceso ilimitado á rede e o pouco control real por parte de pais e nais sobre o uso que fan del.
Videoxogos violentos
O investigador da USC tamén explicou a facilidade con que os adolescentes acceden a videoxogos violentos e o éxito que estes teñen entre o estudantado entrevistado. O traballo indica, ademais, que hai unha estreita relación entre os problemas relacionados co alcohol e outras drogas e o uso problemático da Internet ou o propio ciberacoso.
Antonio Rial, profesor da USC, sinala da necesidade de fomentar un "uso responsable" de intenet entre a mocidade https://t.co/NmSnAKGqqy pic.twitter.com/6HNZ7y8yNS
— Nós Televisión (@NosTelevision) 7 de junio de 2017