Home Espazo Aberto Cultura “Interésanme as culturas negadas e silenciadas, como o saber do mundo rural”

“Interésanme as culturas negadas e silenciadas, como o saber do mundo rural”

0
“Interésanme as culturas negadas e silenciadas, como o saber do mundo rural”

María Rei Vilas é profesora de bioloxía desde hai trinta anos, e desde hai cinco, tamén “aprendiz de contadora de historias”, como ela se define. E debeu aprender rápido, porque este 2020 gañou o Premio García Barros 2020 e verá a súa obra Flores de ferro publicada pola Editorial Galaxia.

Falamos con ela deste recoñecemento, das culturas silenciadas presentes no país e da historia que conta o seu libro.