O Teatro Principal acolle o venres 27 e o sábado 28 de xaneiro a representación de “Goldi libre“, unha obra documental sobre o movemento insubmiso ao Exército español dos anos 80. Na presentación participaron o protagonista César Goldi; o director, Xesús Ron; o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios; o insubmiso compostelán Modesto Toribio, e a membro do grupo antimilitarista Mulleres de Negro Lucia Oca.
Xesús Ron explicou que esta obra forma parte dunha nova proposta da compañía Chévere para darlle oportunidade a novos proxectos. Tamén as mulleres participaron do movemento antimilitarista galego tal e como indicou Lucia Oca.
Como curiosidade, o actual concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, deu a coñecer a súa propia experiencia nos anos 70.