Poucos días antes do inicio en Compostela do Festival Womex de músicas do mundo tivo lugar no Pazo de Raxoi a presentación oficial deste evento aos medios de comunicación coas principais institucións e patrocinadores privados. Abriu as intervencións a concelleira de Turismo, Marta Lois.
Antón Martínez, socio de Nordesía Producións, organizadora do evento, salientou que Santiago pasou a proba como lugar escollido para esta edición do Womex.
O Womex terá lugar do 19 ao 23 de outubro na Cidade da Cultura e en varios espazos da Cidade Vella que acollerán a máis de 300 músicos.
A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, sinalou que o Womex facilita o coñecemento de novos camiños musicais lonxe da música máis coñecida anglosaxona.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez , valorou este evento como unha oportunidade para os músicos do país.
Pechou a presentación o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, quen salientou o feito de que Compostela teña a oportunidade por segunda vez de ser un referente neste eido musical.
Hoxe @martinhonoriega salientou o feito de que Compostela sexa un referente novamente no eido musical https://t.co/Yy94RmL9Mw #WOMEX16 pic.twitter.com/l0uMo4gXko
— Nós Televisión (@NosTelevision) 13 outubro 2016