A Plataforma de crítica literaria A Sega xa escolleu á homenaxeada deste ano no Día das Galegas nas Letras: a actriz, dramaturga e presidenta da Academia Galega do Teatro, Inma António. Entre as súas obras destacan ‘As águas mudas’, ‘Era nova e sabia a malvaísco’, ou ‘A ciencia dos anxos’, que levou o premio Rafael Dieste en 2003.
Hai apenas un mes falabamos coa homenaxeada sobre o I Congreso Internacional de Teatro Galego que terá lugar entre o 25 e 28 de marzo, ademais António valoraba negativamente o desmantelamento cultural levado a cabo polo executivo de Alberto Núñez Feijóo nos últimos dez anos.
O Día das Galegas nas Letras naceu en contraposición ao Día das Letras Galegas, ao seren homes a maioría das persoas homenaxadas o 17 de maio. Ata o de agora, premiaron a autoras como María Victoria Moreno, María Xosé Queizán, Marica Campo, Xela Arias e, este ano, Inma António.