Home Programas Área Compostela A iniciativa “Crónicas de Siria” amosa a outra cara da vida neste país

A iniciativa “Crónicas de Siria” amosa a outra cara da vida neste país

0

A concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, presentou esta mañá “Crónicas de Siria”, o ciclo de relato breve e música pertencente ao programa Liñas Paralelas. Acompañándoa, estivo o escritor e músico Pepe Sendón. Esta iniciativa pretende achegarlle á veciñanza de Compostela a situación do país a través de relatos e textos de autores e autoras sirios.

O escritor Pepe Sendón fixo fincapé na idea de amosar unha perspectiva diferente do país sirio, que tan afincados ten, para o mundo, conceptos como refuxiado ou guerra. En definitiva, o obxectivo é dar luz á complexa situación que se vive neste lugar.

A seguinte sesión, no CSC de Vite o día 24 e por último, no CSC do Castiñeiriño o 29

O programa consiste na lectura musicada de relatos breves de autoras e autores contemporáneos sirios. A esa visión, sumaranse as crónicas reais dun exiliado sirio residente en Santiago, Zaid, a quen Concha Fernández quixo agradecer especialmente o feito de “querer compartir con todas e todos nós as súas experencias”.