Iniciase o camiño cara a remunicipalización da ORA e o guindastre

Compostela Aberta e BNG votaron a favor e PSOE e PP abstivéronse.

O Pleno da Corporación acordou iniciar o procedemento de remunicipalización da xestión do servizo de ORA e guindastre a través da empresa municipal Tussa. A proposta foi aprovada cos votos a favor de Compostela Aberta e BNG e a abstención de PP e PSOE. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, amosouse satisfeito aínda que dixo non entender a postura dalgúns partidos da oposición.

O voceiro municipal do BNG, Rubén Cela, explicou o voto favorable ao inicio da remunicipalización

A idea de recuperar a xestión deste servizo xurdiu logo de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulara a concesión da ORA e o guindastre nunha sentenza ditada en setembro de 2015. En outubro, a Xunta de Goberno Local acordou executar a sentenza, ordenando a continuidade dos efectos do contrato ata que a Corporación adoptara unha decisión sobre a mesma xestión.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego