Comeza a acondicionamento do contorno da lagoa de Cornes

O acondicionamento do contorno da lagoa de Cornes permitirá gañar un novo espazo verde para a nosa cidade. O concelleiro de Medio Ambiente, Xan Duro, presentou en rolda de prensa este proxecto, que inclúe a creación de dúas zonas de miradoiro.

“Non se vai facer un parque ao uso, senón que se respectará e potenciará un espazo natural moi singular”

O edil explicou con detalle a intervención, que lle afecta á área comprendida entre o núcleo tradicional de Cornes, a rúa Romero Donallo e a rúa Escultor Camilo Otero. A intención do Concello, segundo manifestou Xan Duro, é que a lagoa siga protexida pola vexetación natural e polo valado instalado hai case dez anos, que impediu o acceso de animais que interfiran coa biodiversidade natural do espazo.

- Publicidade -