Tal e como se aprobara nos Orzamentos Participativos de 2017 por parte da veciñanza, o concello procederá á cuberta das áreas de xogos infantís de Fontiñas e Castiñeiriño. Anunciouno en rolda de prensa no Pazo de Raxoi o alcalde de Santiago ao dar conta dos acordos da Xunta de Goberno.
Martiño Noriega: “Trátase dun proxecto moi demandado”
O proxecto contra cunha licitación de practicamente 200.000 euros e, desde Raxoi lembran que foi tamén unha demanda dos grupos da oposición durante a negociación dos orzamentos municipais.
Outros acordos
Outro dos acordos da mesma Xunta de Goberno foi a unha vella petición da Asociación de Persoas con Dano Cerebral Adquirido Sarela, para que poidan utilizar durante catro anos unha parcela de Tras Paxonal, contigua á súa sede, para acondicionar un parque infantil e de ocio inclusivo. Tamén se aprobou a segregación dunha parcela municipal en Santa Marta e da cesión de uso dunha das subparcelas resultantes en favor da ANPA do Xardín de Infancia de Santa Marta, tamén por un prazo de catro anos.