Choven as críticas de todos os grupos parlamentarios da oposición ante o adianto do debate de estado de autonomía, que terá lugar o próximo mércores 25. Todos coinciden en que se trata dun uso electoralista das institucións e teñen claro que Feijóo segue mirando a Madrid, coa posta vista nas posibles eleccións xerais.
Para Gonzalo Caballero, o de Feijóo é un proxecto esgotado. Na mesma liña se pronunciaba Ana Pontón, que o acusaba de caer no “infantilismo”. Desde o Grupo Común da Esquerda, Luca Chao queixábase de que o Presidente da Xunta dea prioridade ao que pasa en Madrid fronte aos problemas na educación ou a sanidade, como na sanidade ou os graves prexuízos para o medio ambiente. Para Paula Verao, do Grupo Mixto, Feijóo pon os seus intereses electoralistas persoais por diante dos intereses das galegas e galegos.
Pedro Puy considera que se trata dun “lixeiro adianto” e malia que dixo con retranca que non sabe se Feijóo vai ou non ao psicólogo, asegurou que non ten trauma ningún, en resposta ao comentario de Ana Pontón.