Home Programas Área Compostela Inés Rey aposta por un Consorcio para xestionar os terreos do Porto

Inés Rey aposta por un Consorcio para xestionar os terreos do Porto

0
Inés Rey aposta por un Consorcio para xestionar os terreos do Porto

O pasado 15 de xuño a socialista Inés Rey accedía á alcadía da Coruña. Un mes despois Nós Televisión entra no Pazo de María Pita para falar con ela coñecer como están a ser estes primeiros días de goberno municipal, entre conversas cos grupos da oposición e xestión dos temas principais deste novo goberno.

E o futuro da fachada marítima é un deles. Inés Rey apunta que será un proxecto a longo prazo no que se teñen que implicar todas as institucións e tamén que esixe un consenso a nivel municipal.

Ser a primeira alcaldesa escollida en democracia na Coruña vai ser un selo diferenciador con respecto a outros gobernos que tivo a cidade. Inés Rey quere que a Igualdade chegue a todos os departamentos municipais para que sexa efectiva.

A alcaldesa da Coruña respaldou tamén a recuperación do Pazo de Meirás e indicou que apoiarán a devolución do Pazo de Cornide, inmoble ocupado na actualidade pola familia Franco. Por este motivo sumarán a responsabilidade de Memoria Histórica á Área de Cultura do concello.