O anuncio lanzado polo Corte Inglés co motivo do Día da Nai foi recibido con numerosas críticas nas redes sociais que advirten do machismo da promoción. Un dos anuncios asegura que unha nai contén un “97% comprometida e un 0% queixas” e outro dos spots, desta volta lanzado na televisión, sinala que as nais “sacan 48 horas ao día para que o mundo siga xirando e sen pedir nada a cambio, sendo ademais 100% nais”.
Non é a primeira vez que lle choven críticas ao Corte Inglés por lanzar anuncios machistas. Fai dous anos tiveron que retirar un anuncio do Día de San Valentín.