A negativa a outorgarlle a Santiago unha nova sala do Social tomouse como un agravio na capital galega. Ás reaccións da Xunta de xuíces e do Colexio de Avogados sumóuselle hoxe o goberno municipal.
Tanto Martiño Noriega como Paco Reyes amosaron hoxe a súa indignación.
A cámara de Coemercio emitiu un comunicado no que o seu vicepresidente primeiro, Evaristo Rodríguez, sentencia que “Santiago tamén precisa outras ampliacións como Familia, pero agora o que toca, sen dilación, é un novo xulgado do social.” O voceiro socialista municipal, Paco Reyes, tamén amosou a súa indignación sobre este tema nunha rolda de prensa realizada no Pazo de Raxoi.
Xunta de Galicia e Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) comunicaron que das cinco novas unidades que acordaron crear para o ano 2017 ningunha sería para Santiago. O reparto anunciado beneficia a Coruña, con dúas unidades, outra recaería en Ourense e por último Vigo tamén contaría cunha nova unidade.