A cidadanía clama por unha mudanza considerábel no sistema estatal de pensións. Os subsidios increméntanse en 2018 nun 0’25%, unha suba cualificada de “mísera” polo sindicato UXT que non paliará a perda de poder adquisitivo das e dos pensionistas. Así e todo, a coñecida como “hucha das pensións” atópase baixo mínimos trala última intervención do Goberno o pasado mes de decembro, polo que, segundo as estimacións, os fondos actuais só poderían cubrir unha paga máis. A sociedade compostelá teme polas súas pensións e esixe solucións ao Estado.
Deberían revisar as pensións para que teñan garantías malia que todo apunta que no futuro diminuirán
A “hucha das pensións” atópase baixo mínimos históricos
Polémica e “soberbia” no PP
O pasado martes, Celia Villalobos, deputada do PP no Congreso, pronunciaba un polémico discurso acerca da grave crise que atravesa o sistema público de pensións, asegurando que “hai pensionistas que están máis tempo cobrando a pensión que traballando”. Estas desafortunadas verbas da exvicepresidenta do Congreso suscitaron certo malestar nas rúas.
Indignación ante as recomendacións de plans privados de pensións
Asemade, Villalobos foi máis alá e recomendou á xente máis nova que “asegure o seu futuro” investindo en fondos de pensións privados, como remedio para paliar a perda de poder adquisitivo das pensións do sector público. A cidadanía de Santiago tamén discrepou neste punto.
Ante este panorama de incertidume acerca do futuro do sistema público de pensións, os sindicatos fan un chamamento á mobilización social e anuncian accións de protesta para as vindeiras datas.