Home Programas Espazo Aberto Inaugúrase o XI Congreso Nacional de CCOO de Galicia

Inaugúrase o XI Congreso Nacional de CCOO de Galicia

0
Inaugúrase o XI Congreso Nacional de CCOO de Galicia

O Hotel Puerta del Camino acolleu a inauguración do XI Congreso Nacional de CCOO de Galicia. O secretario xeral saínte, Xosé Manuel Sánchez Aguión, indicou que só se presenta unha candidatura e que iso facilitará a eficacia na defensa dos dereitos dos traballadores de Galicia.

Este congreso de Comisións Obreiras en Galicia pon fin a un mandato de oito anos de Sánchez Aguión, que conta con máis de 40 anos de militancia e 20 anos con distintas responsabilidades na executiva do sindicato.