Home Programas Espazo Aberto Impulsan unha plataforma unitaria para pular polo peche das centrais térmicas de carbón

Impulsan unha plataforma unitaria para pular polo peche das centrais térmicas de carbón

0
Impulsan unha plataforma unitaria para pular polo peche das centrais térmicas de carbón

“O carbón deixa un escuro rastro tras de si. A súa queima en centrais térmicas como as de Meirama e As Pontes xera inxentes emisións de CO2, converténdoo no principal causante do cambio climático e de graves problemas sociais e de saúde”. Así é a carta de presentación da Plataforma ‘Galiza, un Futuro Sen Carbón’ que vén de constituirse grazas ao impulsos de diversas asociacións ecoloxistas galegas.

A Facultade de Xeografía e Historia da USC (aula 8, 17:00h) acollerá este venres o primeiro acto público da Plataforma coa proxección do documental “O lado escuro do carbón” ; un proxecto audiovisual impulsado por Greenpece e no que se fai unha recompilación dos impactos da súa extracción e combustión en diferentes localizacións do Estado.

Deste xeito, neste contexto onde o poder político pon o foco na contaminación dos vehículos diesel, as entidades ecoloxistas galegas queren lembran que, diante da situación de emerxencia climática global, o máis necesario é pechar as vellas e ineficientes centrais de carbón das Pontes e de Meirama. “Non hai ningunha outra medida singular que hoxe permita diminuír, de xeito tan rápido e importante, as emisións de gases de efecto invernadoiro na nosa terra” insisten no manifesto unitario que veñen de publicar.

Central térmica de Meirama
Antes de 2025

Entidades como ADEGA, Amigos da Terra, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace ou Verdegaia vén agora con preocupación a posibilidade de de prorrogar a vida útil das centrais térmicas galegas poroutros 25 anos máis mediante reformas que non diminuirán as elevadas emisións de CO2 inherentes á queima de carbón.”É o momento de planificar o seu peche a curto prazo”, para, segundo resaltan, garantir unha transición xusta para os traballadores e as traballadoras afectadas.

En definitiva, as organizacións integrantes da plataforma unitaria reclaman que en 2025 estean pechadas todas as centrais nucleares e de carbón en Galiza e no Estado, xunto coas nucleares.