Home Programas Área Compostela “Imos facer do San Froilán a grande festa do outono galego e que artistas lucenses teñan o protagonismo”

“Imos facer do San Froilán a grande festa do outono galego e que artistas lucenses teñan o protagonismo”

0
“Imos facer do San Froilán a grande festa do outono galego e que artistas lucenses teñan o protagonismo”

O novo equipo de goberno de Lugo traballa na celebración desta edición do San Froilán que terá lugar do 4 ao 12 de outubro. Esta semana reuníuse a Comisión Especial de Festas do San Froilán, na cal os distintos grupos da Corporación presentaron as súas propostas para as vindeiras festas. Segundo a edil de Cultura, Maite Ferreiro, “estamos a traballar coas propostas que nos fixeron chegar os distintos grupos da corporación”.

Ferreiro indicou que “os artistas do concello serán os protagonistas destas festas, nas que contaremos con máis de 50 artistas da cidade”. Segundo Maite Ferreiro, “os grupos locais actuarán como teloneiros nos concertos dos grupos máis importantes, podendo actuar así nos escenarios principais das festas”. “Estamos a escoitar todas as propostas que nos están a chegar porque imos facer desta edición do San Froilán a grande festa do outono galego” indicou Maite Ferreiro.