“Imos defender a casa da miña nai ata o último minuto”

O desafiuzamento está previsto para o 28 de febreiro a unha veciña de Teo de 70 anos, que denuncia falta de vontade de negociación por parte do Banco Santander

A veciñanza de Santiago e de Teo, congregouse diante da oficina do Banco Santander de Praza de Galicia para amosar o seu apoio a unha muller de Teo que está a punto de ser desafiuzada da casa que construiu hai 20 anos. Marcos Couceiro, o fillo da afectada, mobilizou tanto aos seus veciños como aos políticos locais de ambos Concellos para tentar frear o que consideran “un abuso”.

Trátase dunha persoa de 70 anos sen outra vivenda dispoñible, que leva arredor de 9 anos nunha longa batalla contra os diferentes bancos (primeiro o Banco Pastor, logo o Banco Popular e agora o Santander), pero sen resultado favorable. A familia da afectada denuncia a falta de vontade por parte da entidade para negociar unha solución favorable a ambas partes.

Máis de medio centenar de persoas asinaron e entregaron no banco un documento pedindo que se paralize o desafiuzamento previsto para o vindeiro 28 de febreiro e se negocie unha solución. Ademáis, os políticos mantiveron unha reunión que tampuco resultou moi esclarecedora. Como explica o alcade de Teo, Rafael Sisto, “negociar con empresas buitre e complicado”.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego