Home Programas Área Compostela Illa Bufarda, Brazolinda e o Colexio de Avogados de Santiago, galardoados co Premio Manuel Beiras 2017

Illa Bufarda, Brazolinda e o Colexio de Avogados de Santiago, galardoados co Premio Manuel Beiras 2017

0
Illa Bufarda, Brazolinda e o Colexio de Avogados de Santiago, galardoados co Premio Manuel Beiras 2017

Un ano máis, Concello e Cámara de Comercio premian o uso do galego no mundo empresarial. A XVIII edición do Premio Manuel Beiras deu como gañadora á produtora Illa Bufarda na categoría de “empresas cun uso continuado do galego”.

O xurado destacou o labor desta compañía que, a través do audiovisual, axuda a difundir e normalizar a lingua. Na categoría de “nova incorporación ao galego” foi galardoada a promotora de xoguetes artesás Brazolinda.

O galardón

Por outra banda, o xurado concedeu a distinción especial ao Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, premiando o servizo de asesoramento lingüístico do que dispón a entidade dende o ano 2004.

As empresas compostelás orgullosas do galego! Volven os Premios Manuel Beiras