Home Programas Área Compostela A III Edición do “Rock is Dead” contará con actividades para todos os públicos

A III Edición do “Rock is Dead” contará con actividades para todos os públicos

0
A III Edición do “Rock is Dead” contará con actividades para todos os públicos

A III Edición do festival”Rock is Dead” contará con actividades para todos os públicos. Constatouse na presentación que tivo lugar hoxe no Pazo de Raxoi e na que participaron Noa Morales, concelleira de Mocidade, e Iago Otero, representante da entidade organizadora, Mad Ghost. A edil explicou algunhas das características desta edición e o representante da asociación organizadora explicou que un dos pratos fortes dese día serán as actuacións de escolas de rock galegas e a maior Xan Session de músicos de todo o pais.

Sábado 9 de setembro no Parque de Belvís

Esta nova edición celebrarase no parque de Belvís este sábado 9 de setembro, a partir das 13:00 horas. Haberá actividades para todas as idades como un campionato de xadrez sub-13 e, dende as 13 ata as 17 horas, contacontos a cargo da editora Contos Estraños e un encontro de fútbol flag.

https://nostelevision.gal/cales-son-as-actividades-do-rock-is-dead-fest-2017/