A veciñanza de Redondela, co apoio de colectivos e grupos políticos da vila, concentráronse o pasado luns, 23 de setembro, na rúa Ernestina Otero, onde se pretende abrir unha nova casa de apostas. O rexeitamento veciñal a este negocio foi rotundo ao contar cun alto número de participantes na mobilización. Dende o BNG de Redondela denunciaron a identificación das participantes por parte da Policía Nacional, incluíndo ao concelleiro nacionalista que se achegou ás forzas do Estado para preguntarlles a razón das identificacións.
O negocio pretende instalarse moi preto da zona escola da Marisma na que hai tres institutos, unha escola infantil, outra de educación primaria e o conservatorio.