Home Programas Área Compostela Humor, música e maxia circense para denunciar a ocupación de Palestina

Humor, música e maxia circense para denunciar a ocupación de Palestina

0
Humor, música e maxia circense para denunciar a ocupación de Palestina

Ante a barbarie, un sorriso. Ese é un dos principais obxectivos do colectivo Pallasos en rebeldía, que o vindeiro 28 de decembro celebrará unha gala de humor solidario no Teatro Principal para financiar a quinta edición do circo rebelde “Festiclown Palestina”. Trátase do único festival do mundo contra a ocupación dos territorios palestinos, e contou coa colaboración en edicións anteriores de artistas coma Charango, Leo Bassi ou Pepe Viyuela.

“Soñar cun mundo mellor, onde as persoas son máis importantes que as fronteiras”

Nesta gala, que será presentada pola actriz Isabel Risco, participarán o mago Dani García, os circos Chosco e Raquel Veganzones e os músicos Paco Nogueiras e Uxía. O representante de Pallasos en rebeldía, Iván Prado, incidiu na vertente solidaria desta cita, que pretende levar os risos e a esperanza ás nenas e nenos de Palestina.

Entradas

As entradas poderán adquirirse a un prezo de 5 euros nas plataformas de venda habituais. As persoas que non poidan asistir pero queiran axudar ao financiamento deste espectáculo, poderán contribuír cun donativo a través da ‘Fila 0’ que dispón a organización.