Home Programas Espazo Aberto “Hoxe é un día histórico”. Primeiras reaccións en Galicia ao preacordo de goberno entre Sánchez e Iglesias

“Hoxe é un día histórico”. Primeiras reaccións en Galicia ao preacordo de goberno entre Sánchez e Iglesias

0
“Hoxe é un día histórico”. Primeiras reaccións en Galicia ao preacordo de goberno entre Sánchez e Iglesias

A menos de 48 horas despois das eleccións do 10N, o presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, e o líder de Unidas Podemos, Pablo Iglesias, alcanzan un acordo para formar un Goberno de coalición. O pacto escenificouse este martes no Congreso dos Deputados e sitúa a Pablo Iglesias como vicepresidente do Goberno. Ambos partidos suman 155 deputados tras os comicios do domingo pasado.

Reaccións en Galicia

Como era de agardar, Galicia en Común aplaude este acordo “que demostra que o diálogo e un Goberno plural e progresista era posible”.

Reacción favorable tamén das deputadas de En Común – Unidas Podemos pola provincia da Coruña e Pontevedra.

Un día histórico, nun momento histórico. Un paso inaplazable para un Goberno que garanta os dereitos sociais, defenda a democracia, coide do medio ambiente. Desde Galicia puxemos e poremos todo o noso esforzo e compromiso. Avanzamos, ao servizo das maiorias socias#sisepuede

Dende o PSdeG, o secretario xeral Gonzalo Caballero sostén que “había que desbloquear a situación” e aplaude a conformación de goberno.

Dende o BNG, Ana Pontón sostén que “se en abril non foi posible este acordo, foi pola irresponsabilidade desas dúas forzas políticas que claramente quixeron levar ao conxunto dos cidadáns do estado español a unha nova convocatoria electoral”. A nacionalista cre que estas eleccións só serviron para “poñerlle unha alfombra vermella á extrema dereita”. “Estamos ante un documento moi vago”, puntualiza Pontón sobre o preacordo e anuncia: “o voto do BNG vai estar condicionado a un compromiso claro coa axenda galega”.

Dende o Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo sostivo ante os medios de comunicación que “se é verdade que nos engañaron a todos durante tanto tempo, ninguén se vai fiar nunca máis do candidato socialista”.