Home Programas Área Compostela Hostalería e Concello buscan un marco interpretativo da lei máis estable

Hostalería e Concello buscan un marco interpretativo da lei máis estable

0
Hostalería e Concello buscan un marco interpretativo da lei máis estable

A segunda reunión da mesa de diálogo co sector da hostalería, convocada a petición dos representantes dos hostaleiros, rematou de xeito positivo segundo afirmaou o sector e o alcalde da cidade. Nesta xuntanza analizouse unha proposta do Goberno municipal sobre os criterios de actuación en materia de establecementos de espectáculos públicos e actividades de lecer. Na reunión participaron polo sector membros das asociacións Hostalería Compostela, Vicus Francorum, Cidade Vella, Tempo con Xeito e a Asociación de Bares e Pubs de Compostela, o alcalde e os concelleiros de Espazos Cidadáns e Convivencia, Jorge Duarte e Xan Duro, representantes de PP, PSOE e BNG.0ç

O voceiro dos hostaleiros, Ramón García Seara, tamén se amosou satisfeito polos resultados desta segunda reunión malia que tamén asegurou que queda “moito traballo por diante”ç

A seguinte reunión será o vindeiro 30 de novembro onde tratarán de concretar os criterios relacionados cos aforos dos locais, as zonas con máis público e as terrazas.