Reciclar aceite usado e, ademais, insertar laboralmente a persoas en risco de exclusión. Esta é a idea do acordo que asinaron a Concellaría de Medio Ambiente, a Asociación Hostalería Compostela e a empresa de inserción laboral Compostela Inserta para facilitar traballo e unha mellor xestión dos residuos contaminantes. Polo Concello, asinou o convenio o edil de Medio Ambiente, Xan Duro, que explicou a importancia deste acordo.
Segundo Xan Duro, o novo convenio convina a economía social e a posta en valor da hostalería compostelá
Na sinatura participou Sara Santos, presidenta da Asociación Hostalería Compostela, que amosou a súa satisfacción polo convenio.
Tamén estivo hoxe en Raxoi Miguel Fernández, en representación de Compostela Inserta, que deu a coñecer as particularidades deste programa de inserción laboral.
Convenios similares
Segundo sinalou Miguel Fernández, Compostela Inserta está a buscar sinerxias a través de convenios similares con outros sectores, como a Universidade ou mesmo os colectivos empresariais.