A hostalaría da zona histórica estrea un servizo de recollida de vidro porta a porta. O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, presentou hoxe este novo servizo, que é totalmente gratuito, e no que participan máis de 200 establecementos de hostalaría da zona vella de Compostela.
Importante aforro económico
O xerente de Ecovidrio en Galiza, Germán Fernández, salientou o aforro económico que supón este servizo para o Concello, así como o beneficio que conleva para o medio ambiente.
O xerente de Ecovidrio no noso país, Germán Fernández, salientou o aforro económico que supón este servizo para o Concello de Santiago pic.twitter.com/YxcfCjyOWv
— Nós Televisión (@NosTelevision) 16 maio 2017
Segundo explicaron haberá premios para os establecementos máis implicados. Ademais, o persoal de Ecovidrio fará visitas periódicas aos establecementos participantes nesta campaña para coñecer o grao de satisfacción co novo servizo.