Home Nós Televisión ‘Hospitais e residencias, unha crise de coidados’, o primeiro encontro virtual do sindicato CUT ante a COVID-19

‘Hospitais e residencias, unha crise de coidados’, o primeiro encontro virtual do sindicato CUT ante a COVID-19

0
‘Hospitais e residencias, unha crise de coidados’, o primeiro encontro virtual do sindicato CUT ante a COVID-19

Nós Televisión participará do primeiro encontro virtual organizado pola Central Unitaria de Traballadoras (CUT) baixo o lema CapitalVSVida. O encontro virtual, que terá lugar este venres día 3 de abril ás 18 horas, poderase seguir en directo nas redes sociais do sindicato.

‘Hospitais e residencias, unha crise de coidados’ é o título do encontro co que a CUT abordará coa voz das propias traballadoras a xestión da COVID-19 en Galiza. Unha das convidadas será Aurora Magán, de Enfermeiras en Loita, que recentemente falaba así nun vídeo enviado a Nós Televisión.

Outra das traballadoras que formará parte do encontro virtual organizado pola CUT será Rosario Iglesias Requeijo, traballadora nunha residencia privada. As compañeiras de Galiza Contrainfo publicaban nas últimas horas un vídeo-denuncia desta traballadora na que explicaba a falta de protocolos e de recursos que sofren neste sector.

Por último, o encontro virtual contará coa voz de Eli Dosil, que forma parte do sindicato PROSAGAP. Nos últimos días, este sindicato denunciou publicamente que o SERGAS obrigaba a traballar a enfermeiras embarazadas ou con problemas respitarios pese o risco de contraer o coronavirus. Hai case un ano, falabamos con Dosil dos problemas aos que xa se enfrontaban:

O encontro virtual será moderado por Elena Martín, do Salto Galiza. Nesta organización de encontros virtuais, tamén participa Nós Televisión, Galiza Contrainfo e o Novas da Galiza.