A Deputación da Coruña homenaxeou a Rosalía de Castro ao pé da estatua que a escritora e pensadora galega ten na Alameda compostelá, monumento que este 2017 cumpre cen anos. O acto forma parte dos que se veñen realizando ao redor do Día de Rosalía, o 24 de febreiro, no 180 aniversario do nacemento da poeta.

- Publicidade -

No acto participaron o presidente e a vicepresidenta da Deputación, Valentín González Formoso e Goretti Sanmartín Rei, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, o presidente da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), Cesáreo Sánchez Iglesias, o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, e o historiador, Miguel Anxo Seixas, ademais de varias autoridades como o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, colectivos sociais e rapazas e rapaces de distintos institutos de secundaria de Santiago que leron frangmentos da obra da nosa grande poeta.

Rosalía de Castro, o común denominador

A cerimonia contou coa actuación musical do grupo Habelas Hainas, que interpretou diversos temas de Rosalía de Castro. Ao remate do acto agasallouse aos asistentes cun exemplar do libro “Quen fora pedra” do investigador Miguel Anxo Seixas.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego