Homenaxe aos carrilanos portugueses de Castrelo do Val asasinados polo franquismo: “Non queremos esquecer o seu exemplo”

O 20 de agosto de 1936 eran asasinados Antonio Ribeiro, José María Sena, Ramiro Mateus e Emilio Alonso no Monte da Ladeira de Portocamba

En Castrelo do Val, Ourense, homenaxearon esta pasada fin de semana aos cidadáns portugueses represaliados polo fascismo na Galiza. A súa memoria, a de todas as veciñas e veciños portugueses represaliados polo franquismo, quedou esquecida a ambas beiras do Miño. É hora de rematar con iso.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego