Home Programas Área Compostela Histórico acto de reparación da memoria na Deputación de Pontevedra

Histórico acto de reparación da memoria na Deputación de Pontevedra

0
Histórico acto de reparación da memoria na Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra quixo este sábado 12 de novembro reparar a memoria histórica da institución e lembrar á cidadanía represaliada polo alzamento fascista de 1936. Fíxoo lembrando cunha placa no exterior do Pazo ás persoas que foron encarceradas no actual edificio administrativo, e torturadas e xulgadas no Pazo da Deputación e cun acto posterior no Salón de Plenos.

O deputado pronvicial Xosé Leal resaltou a importancia desta homenaxe

No Salón de Plenos o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, actuou como conductor do acto e relatou os sucesos daqueles tráxicos meses nos que perderon a vida ou foron represaliadas moitas galegas e galegos entre os que figuraban cargos na propia institución: dous presidentes asasinados -Amancio Caamaño e José Adrio-,tres ex presidentes máis que tamén padeceron as consecuencias da sublevación militar – Bibiano Fernández, Joaquín Maquieira, e Maximiliano Pérez-, e dous funcionarios -Ramiro Paz e José García Vidal-.

Conversamos con Carmela Silva, Presidenta da Deputación de Pontevedra

Interviron tamén a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, a xornalista Montse Fajardo e a neta do ex presidente Amancio Caamaño Cimadevila, asasinado o 12 de novembro de 1936. Begoña Caamaño falou en representación de todos os familiares presentes.

Este acto, como apuntou no mesmo o deputado Xosé Leal, dá continuidade a iniciativas anteriores como a moción no Pleno provincial para condenar o golpe fascista, e a retirada das distincións a Franco, José Calvo Sotelo, José Solíns, Pedro Nieto e á sección feminina da Falange Española.