Captar historias de superación persoal a pesar de ter unha discapacidade é a idea que quixo levar a cabo a Fundación Grupo Sifu a través da exposición V15iones que se inaugurou hoxe no CSC do Ensanche en Compostela. No acto participaron a concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, e o xerente de Seifu Galicia, Jaime Coira.
Concha Fernández parabenizouse de que a Fundación escollera a cidade de Santiago para dar a coñecer en Galiza esta exposición
Historias de superación persoal no CSC Ensanche de Santiago https://t.co/mhvYyVRGo6 Presentación da exposición #V15IONES do @grupo_sifu pic.twitter.com/vtZVpjRmPi
— Nós Televisión (@NosTelevision) 18 xaneiro 2017
A exposición xa pasou por cidades como Granada, Barcelona, Santander, Mataró, Málaga, Zaragoza… e estará no CSC do Ensanche ata o próximo 30 de xaneiro e a entrada é de balde.