A propia historia das festas e os fogos do Apóstolo será o tema central do espectáculo pirotécnico da noite do 24 de xullo na praza do Obradoiro que tamén terá a súa repetición días despois. Esta é a principal característica da aposta que este ano lanza o Concello de Santiago e que presentou esta mesma mañá en rolda de prensa.
O alcalde, @martinhonoriega, presentou esta mañá as novidades dos fogos do #Apostolo2017 ???? pic.twitter.com/CDG7aQahpd
— Nós Televisión (@NosTelevision) 21 de julio de 2017
Javier garcia: “Para poder ofrecer este espectáculo, realizamos un importante estudo histórico”
Javier García explicou que para preparar o espectáculo accederon á numerosa documentación existente sobre as festas da cidade e destacou, principalmente, a lembranza das Festas do Cendal, organizadas desde o século XVI pola Igrexa.
O espectáculo proposto por Acciona incorpora proxeccións con efectos tridimensionais, realizadas baixo a técnica do mapping, e con iluminación 360 graos na praza do Obradoiro. Para lograr unha sensación inmersiva, a empresa utilizará dez proxectores de vídeo de 22.000 lúmenes cada un, 32 focos de iluminación, e catro torres de son cunha potencia total de 40.000 watios. O 31 de xullo tamén pecharán o Apóstolo 2017 cun espectáculo pirotécnico.
https://nostelevision.gal/menos-polvora-e-mais-tradicion-primeiros-detalles-dos-fogos-apostolo/