Home Programas Espazo Aberto Herdeiras de Dhais e Estrela Vermelha buscan o título europeo de futbol gaélico

Herdeiras de Dhais e Estrela Vermelha buscan o título europeo de futbol gaélico

0
Herdeiras de Dhais e Estrela Vermelha buscan o título europeo de futbol gaélico

Os éxitos do gaélico galego van máis alá das seleccións nacionais. O sábado 19 de outubro, varios equipos galegos acoden a Vienna á máxima competición continental de clubes: o Paneuropeo, dividido nas categorías Senior (a máis alta), Intermediate e Junior.

Na categoría Senior feminina competirán o Estrela Vermelha de Compostela, e o Herdeiras de Dhais, de Lalín, que se enfrontarán aos equipos máis potentes de Europa, coma Belgium ou Holland Gaels. Dos 8 mellores clubes europeos, dous son galegos.

Pola súa banda, entre os 5 equipos da categoría Senior está o Estrela Vermelha, que xogará ante Warsaw, Amsterdam ou Luxemburgo.

Tamén haberá representación galega con xogadores dos Irmandinhos da Estrada e Filhos de Breogán noutras categorías. Ademais, o galego Marcos Gañete Corba será un dos colexiados da competición.