More

    Helena Salgueiro, autora de ‘ferro, federici’: “As mulleres somos a máquina produtiva máis necesaria do capitalismo”

    Falamos con Helena Salgueiro sobre a estrea da obra 'ferro, federici' na que desenvolve as teses de Silvia Federici a través da arte 

    Actriz, escritora, bailarina, obreira. Helena Salgueiro recolle a diversidade das artes para colocar en escena as bases teóricas da feminista marxista Silvia Federici. O corpo, a poesía, o traballo e a performance conformaron a representación de ‘ferro, federici’ no escenario do salón teatro Roberto Vidal Bolaño, en Compostela, a semana pasada. A equipa de Nós Televisión quixo abordar con Salgueiro tanto a volta aos escenarios como a representación da propia obra.