O acceso á vivenda, lonxe de ser un dereito garantido a toda a poboación, convértese nun foco máis no que se reflexa a desigualdade social na que vivimos inmersas. A vivenda, as políticas públicas e as actitudes sociais son tres elementos fondamente interrelacionados entre si e que son foco de estudo por diversas investigadoras e investigadores. Nese aspecto, a Universidade de Compostela decidíu realizar unhas xornadas para reunir ás investigadoras e colocar sobre a mesa o conflito da vivenda no sur Europeo. “Hai un problema social de vivenda en toda a Europa do Sur e, sobre todo, moita desigualdade social”, explica Daniel Lanero, investigador e profesor de Historia na USC.