“Hai razóns para pechar o vertedoiro e cremos que se está cometendo un delito medioambiental”

Este sábado tivo lugar a segunda andaina organizada pola Plataforma de afectados polo vertedoiro de Santiago

Veciñas e veciños de Compostela continúan viva a loita contra un vertedoiro a todas luces ilegal. O mal tempo non impediu a celebración da segunda andaina contra o vertedoiro descontrolado de Compostela. A veciñanza avanzou dende Miramontes ata a Praza do Toural nunha nova protesta que contou coa presenza de representantes políticos coma o alcalde da cidade, Martiño Noriega, o voceiro do PSOE local, Paco Reyes ou o candidato e Compromiso por Galicia.

Así é a reportaxe do noso compañeiro Xosé Bocixa

Espalla esta video reportaxe breve sobre a problemática das veciñas de #Miramontes, #Grixoa que sufren e que loitan contra un vertedoiro a todas luces ilegal baixo a complicidade da Xunta e empresas que se forran agochando o lixo que o propio sistema promove sen límite #ConcellodeSantiagodeCompostela #RededePlataformasdeCompostelaTambreUlla #Plataformadeafectadospolovertedoirosantiagodecompostelamiramontes #MinaTouroOPinoNon

Publicada por Xose Anton Bocixa Rei en Domingo, 16 de diciembre de 2018

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego