Home Programas Espazo Aberto “Hai que fomentar as complicidades entre Galiza e Portugal”

“Hai que fomentar as complicidades entre Galiza e Portugal”

0
“Hai que fomentar as complicidades entre Galiza e Portugal”

Dende a Fundación Risco téñense impulsado nos últimos anos diferentes iniciativas para afianzar os vencellos culturais entre Galiza e o mundo lusófono, unha cuestión que Luís Martínez-Risco, presidente da entidade, considera imprescindíbel para o desenvolvemento do país. “Se queremos que a integración entre o norte de Portugal e Galiza sexa outra cousa, hai que reformular o eixo Atlántico”, expón, facendo un chamado a “fomentar as complicidades” entre ámbolos dous países.

Deseñar unha “Galiza para o futuro”

No ano 2020 cumrpirase o primeiro centenario da publicación da emblemática revista Nós, e a Xunta xa está a artellar os preparativos. Este proxecto fóra impulsado polo propio Vicente Risco, polo que a fundación que honra a súa figura ten moito que dicir ao respecto. Martínez-Risco considera imprescindíbel que o evento transcenda dun “mero acto de festividade e nostalxia”, xa que debería fomentar o deseño dunha “Galiza para o futuro” que Risco, Castelao ou Otero Pedrayo non puideron coñecer.

Por outra banda, o presidente da Fundación Vicente Risco demanda á Xunta un maior “compromiso” coas fundacións adicadas a persoeiros galegos, así como maiores facilidades para obter subvencións. Esta mesma demanda xa a fixera a Fundación Castelao en anteriores ocasións.