Home Programas Espazo Aberto Hai marxe para baixar a tarifa da luz?

Hai marxe para baixar a tarifa da luz?

0
Hai marxe para baixar a tarifa da luz?

As continuas subidas das facturas da luz están a ser un quebradeiro de cabeza para moitas familias. Pódese abaratar o seu custo? Pagamos de máis? Destes temas quixemos falar con Adrián Dios, investigador da USC.

Moito se está a falar estes meses sobre a posibilidade de intervención dos gobernos no abaratamento da luz. Tamén sobre se Galiza é ou non é unha potencia neste sector que merecería pagar menos polo seu consumo.

Se o goberno quere, hai marxe para baixar a tarifa da luz

O modelo de mercado eléctrico

Para este investigador da USC está claro que o mercado está controlado por tres grandes empresas e que o goberno “debería perder o medo” a actuar para evitar estas subidas. Adrián Dios afirma que non se pode negar que Galiza sexa unha potencia produtiva de electricidade “e isto debería notarse nas facturas”.

O propio investigador cre que coa chegada de novas empresas ao sector ábrese a incognita da libre competencia que podería abaratar a factura da luz. Algunhas destas empresas, ademais de ter prezos máis competitivos, traballan coas renovables e mesmo teñen un sistema cooperativo moito máis achegado á cidadanía.

O que si ten claro Adrián Dios é que o consumidor ten que incrementar a taxa de intercambio e perder o medo a mudarse a outras compañías. Abandonar as de toda a vida, algunhas delas que xa se concentraron en grandes grupos empresariais e mesmo mudaron de nome, e apostar outros modelos que sempre serán máis positivos.