O baile tradicional galego é un piar moi destacable na historia da nosa terra. É o protagonista das festas, foliadas ou calquera tipo de xuntanza social. Precisamente pola súa longa historia hai quen se pregunta se debe evolucionar ou non.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Xulia Feixoo forma parte de Arredor da tradición, un grupo que se encarga de investigar e divulgar información sobre o baile tradicional galego. A Carme Campo e a Chus Caramés tamén lles intrigaba este tema e por iso decidiron comezar o proxecto Andar cos tempos, no que profundizaron na historia do baile para poder responder a todas as dúbidas que tiñan elas como bailadoras e como profesoras. Óscar Cobos ten un longo percorrido no mundo do baile e hai anos creou Galicia século XXI para desfacerse de todos os estereotipos do baile galego e comezar a falar de persoas en lugar de mulleres e homes.

Este é o comezo dunha reportaxe na que da man deles iremos resolvendo dúbidas sobre a tradición e o baile.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -