A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, presentou cinco novos pisos de vivenda social na zona das Fontiñas, que foron renovados e acondicionados a través dun proxecto que contou coa colaboración económica da Obra Social “La Caixa”.
Os pisos serán para o uso de persoas en situación de vulnerabilidade e para persoas sen fogar, coa característica de ser “pisos de saída” debido á importancia estructural de contar cunha residencia digna
Continuar colocando o S de Social nas políticas públicas e seguir avanzando na Compostela dos coidados
Con estes, xa son 12 os pisos destas características na cidade, aínda que a Concelleira lembra que en Compostela temos un “déficit de vivenda social moi grande”. Unha vez acondicionados son cedidos para un fin concreto a organizacións e asociacions de obra social, como Feafes, Abeiros, Aspas ou a Fundación Andrea.
O Concello leva apostando durante os últimos anos polo modelo housing first (a vivenda, primeiro), que entende que a inserción social pasa pola existencia dun recurso habitacional onde estas persoas poidan vivir temporalmente de forma autónoma axudadas por profesionais da entidade