Haberá obras no mes de agosto para mellorar a rede viaria na cidade

Comeza un novo paquete de actuacións na rede viaria de Santiago, tanto no ámbito urbano como no rural

O Concello aproveitará o mes de agosto para realizar obras de mantemento na cidade e no rural. O concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Reequilibrio Territorial, Rafael Peña, explicou hoxe que se iniciará un paquete de actuacións na rede viaria de Santiago.

Rafa Peña: “Faremos as obras en agosto para minimizar o impacto na cidade”

O edil explicou que as obras que poidan afectar á vida diaria da cidadanía realizaranse de noite. É o caso do fresado e aglomerado que se van executar na rúa Manuel Beiras, Romero Donallo e República Arxentina o 1 de agosto; República Arxentina, Alfredo Brañas, Doutor Ponte Castro, Xeneral Pardiñas e Santiago de Guayaquil o 2 de agosto; Santiago de Guayaquil, Doutor Teixeiro, praza de Galicia, Fonte de Santo Antonio e Ensinanza o 3 de agosto; e Xoán Carlos I, Senra, Virxe da Cerca e Aller Ulloa o 4 de agosto.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Peña: “Con estas obras, a rede viaria de Compostela ficará ben preparada para o inverno”

O edil tamén explicou as obras que se realizarán no rural e que van supoñer un investimento total de máis de 800.000 euros. 

18 mil metros cadrados reformados

Entre as obras que se realizarán tamén figuran as da rúa do Mestre Mateo, As Rodas, San Roque, Santa Clara, Basquiños, rúa de Amio e Tabaniscas. Está previsto que estas obras se executen en horario diúrno, entre os días 7 e 9 de agosto. En total serán 18 mil metros cadrados que se deixarán en boas condicións no municipio.

https://nostelevision.gal/comezan-obras-gran-contrato-de-mantemento/

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -