Haberá obras na Rapa da Folla e na Cañoteira

Ademais, o Concello adquirirá un tractor e dúas desbrozadoras solicitadas nos Orzamentos Participativos

Na súa comparecencia Rafael Peña explicou que está prevista a reurbanización da rúa de Rapa da Folla, da ampliación do vieiro da Cañoteira-Marrozos e da segunda fase da mellora da seguridade na rúa da Cañoteira.

Rafael Peña: “Son obras moi necesarias”

Ambas obras son moi necesarias, segundo explicou o concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, polo estado en que se atopaban e o beneficio para a veciñanza da zona.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Orzamentos participativos: máis compromisos coa veciñanza

O Goberno municipal segue cumprindo coas decisións veciñais da cidadanía expresadas a través dos Orzamentos Participativos. O concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña, explicou hoxe en rolda de prensa que o concello adquirirá maquinaria solicitada no rural para facer obras de mantemento.

 

 

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -