UNHA TELEVISIÓN PARA SEMENTAR FUTURO

GZmúsica chega a Nós Televisión

Estreamos un novo programa musical canda as compañeiras de Gz Música

Xa está aquí o novo programa de GZmúsica para Nós Televisión. Trátase dun espazo mensual de media hora no que debullaremos a actualidade da escena musical galega. O primeiro programa xa está listo, e poderedes velo o sábado 14 ás 21:00 a través do dial 119 de R e o domingo 15 na nosa web.

Nesta estrea, as compañeiras de GZmúsica falaron de Baiuca con Álex Casanova durante o seu concerto en Compostela. Tamén viaxaron ata Verín para entrevistar á banda de rock de Moaña, The Lelli Kelly’s. Ademais, veredes os videoclips do momento: por unha banda, o hiphop de Txuki Caamaño, con Polviño de Fada; e o último dos noienses Monolious DOP, desde Porto.