Os últimos datos ofrecidos pola EPA —Enquisa de Poboación Activa— amosan unha considerábel diminución na taxa de paro, rematando o ano 2017 coa cifra máis baixa dende o comezo da recesión económica: un 13,73%.
E a que se debe a baixada do paro?
Porén, esta baixada do desemprego pódese comprender como unha consecuencia directa da perda de máis de 1.600 persoas en idade de traballar. Así foi, polo tanto, a advertencia lanzada onte tal por Paco Reyes, voceiro do grupo socialista en Santiago. A afiliación á Seguridade Social tamén baixou nas franxas de idade de entre 20 e 39 anos.
Unha baixada do paro menor en Compostela
Así e todo, o desemprego baixa a un ritmo moito menor ca noutras cidades galegas, namentres a diminución do 4% na taxa de actividade. Deste xeito, Compostela sería o único dos principais núcleos urbanos do país que baixa neste parámetro.
Emporiso, o grupo municipal socialista presentará ao alcalde unha batería de preguntas para afondar nas causas desta diminución da poboación activa e en idade de traballar.
Outra das cuestións polas que a formación vermella consultará ó goberno é a porcentaxe de poboación ocupada cuxa renta non impide que se sitúe en risco de pobreza. No conxunto do Estado español, esta variábel sitúase no 16%.