Hoxe ás 22:00 emitimos o documental “15 anos da Artábria”, que recolle a historia do movemento social da Fundaçom Artábria, entidade cultural dedicada á defensa dos dereitos lingüísticos.
A organización xurdiu en 1998 da Associaçom da Língua Artábria e tiña como obxectivo socializar o galego en Ferrol e na comarca de Trasancos. Finalmente, o proxecto concretouse nun centro social cultural na cidade de Ferrol.
O documental financiouse a través dunha campaña de crowdfunding e conta con material de arquivo e inédito sobre a historia da Fundaçom Artábria.