‘Redes contra a política do espolio’ volverá esta noite, ás 21.30 horas, á grella de Nós Televisión. Trátase dunha reportaxe documental realizada por Xose Bocixa Rei para Nós Televisión sobre as organizacións cidadás que se están a formar na área da comarca compostelá como resistencia á destrucción que empresas enerxéticas, mineiras e a xestión do lixo están operando en todo o territorio galego e á non actuación da Xunta de Galicia para evitalo, investigalo e emendalo.

- Publicidade -