O equipo de Nós Televisión trae para a grella deste martes, ás 21.30 horas, o debate organizado pola ASC Alexandre Bóveda ‘Liberdade de expresión tamén para o fascismo?‘ no que participaron a eurodeputada nacionalista Ana Miranda e Jorge Crego, doutor en Filosofía do Dereito.
No debate, unha cuestión que cada vez cobra máis relevancia: os delitos de odio, pensados nun primeiro momento para protexer ás minorías políticas. Mais a implantación destes delitos de odio plantea a seguinte interrogante: pode que un instrumento pensado para protexer as liberdades civís resulte nocivo para as mesmas?