#GrellaDoMartes: Gonzo protagoniza un novo Retrincos

Ás 21:30 emitimos no dial 119 de R un novo programa de Retrincos. Desta vez, o protagonista é o xornalista Fernando González 'Gonzo'

O xornalista galego falou no Retrincos de Nós Televisión da dificultade para facer información crítica en Galicia, da responsabilidade do espectador para manterse informado a través da televisión e da liberdade -ou non- de prensa en medios de comunicación públicos e privados. Unha pista: “Onde hai patrón non manda mariñeiro, na pública e na privada.”

- Publicidade -

Ademais, falou da súa saída da TVG trala emisión do programa Caixa Negra e achegou algunha pista do novo Salvados.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego